Son vivendas protexidas, promovidas sen ánimo de lucro polo Instituto Galego da Vivenda e Solo. Son as vivendas protexidas máis baratas, por iso adoitan estar reservadas para unidades familiares de rendas máis baixas. O prezo da compra ou do alugueiro variará en función dos ingresos da unidade familiar: as rendas máis baixas pagarán menos polas vivendas.
Como se adxudican estas vivendas?
O procedemento común de adxudicación será o do sorteo realizado ante notario entre as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda. No seu caso, haberá unha quenda específica para persoas con mobilidade reducida.
Que tipos de vivendas de promoción pública hai?
Están destinadas a unidades familiares ou convivenciais cuxos ingresos están entre 0,7 e 2,5 veces o IPREM.
Son as vivendas promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo co fin de conseguir o acondicionamento do contorno e a rehabilitación de vivendas situadas en núcleos rurais en estado de abandono ou semiabandono ou en barrios históricos de poboacións. As persoas solicitantes destas vivendas terán que dispoñer duns ingresos ponderado, por unidade familiar, que estean entre 1 e 5,5 veces o IPREM, ademais de cumprir os requisitos xerais.
Que son as VPA?
Son vivendas promovidas por un promotor privado, máis baratas que a vivenda libre, xa que a lei pon un límite ao seu prezo de venda. Este límite calcúlase fixando un prezo máximo por metro cadrado útil de vivenda, garaxe e traseiro, prezo que varía en función do tipo de VPA e do municipio no que se compre (para respectar as diferenzas de prezo que hai entre unhas localidades e outras). Estas vivendas adxudicaranse entre as persoas que estean inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
Que requisitos se deben cumprir para poder acceder á súa compra?
Que tipos de VPA hai?
Hai tres tipos de VPA que se diferencian no prezo e nos ingresos que se piden para poder acceder á súa compra.
Ingresos: non superiores a 2,5 veces o IPREM
Ingresos: non superiores a 4,5 veces o IPREM
Ingresos: non superiores a 6,5 veces o IPREM
Dende o 10/10/2024 ata o 30/10/2024
Ata o 04/10/2024
ou ata esgotar as prazas vacantes
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible