Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Preparación exame certificación oficial Trinity B1, B2 e C1 - UNED

    Cando:

    Dende o 08/04/2026 ata o 06/05/2026, os mércores e venres

    Inscricións:

    • Matrícula seguimento en DIRECTO: ás 09:00h do día de celebración da última sesión do curso.
    • Matrícula seguimento DIFERIDO: a semana previa á data de celebración dos exames de certificación.

    A UNED imparte este curso de oito clases para explicar o contido dos exames internacionais do Trinity: en que consisten as catro partes do exame, o nivel de inglés necesario para realizalos, ferramentas para preparalos correctamente, e como afrontalos con soltura o día do exame. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.

  • Actividades de abril nas Naves do Metrosidero

    Cando:

    Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026

    Presentamos as actividades de abril para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

  • Programa de prácticas Blue Book - Comisión Europea

    Cando:

    Os períodos de formación comezan o 1 de marzo e o 1 de outubro de cada ano. Actualmente está aberto o prazo de solicitude para a sesión que comeza en outubro de 2026.

    Inscricións:

    Ata o 07/04/2026

    ás 10.00 horas (hora de Bruxelas).

    O programa de prácticas Blue Book da Comisión Europea proporciona a mozos graduados de todo o mundo experiencia práctica na formulación de políticas e a administración da UE. Convócase dúas veces ao ano e ten unha duración de 5 meses.

  • Bolsas para deportistas individuais do Concello da Coruña 2026

    Inscricións:

    Dende o 06/04/2026 ata o 17/04/2026

    O Concello da Coruña convoca 70 bolsas para a mellora e perfeccionamento de deportistas empadroados no Concello da Coruña que destaquen na participación de competicións oficiais de carácter individual nas distintas modalidades deportivas durante o ano 2026, co obxectivo de promover o deporte coruñés e conseguir logros deportivos para a cidade da Coruña.

  • Actividades no Planetario - Semana Santa

    Cando:

    Dende o 28/03/2026 ata o 06/04/2026

    A programación do planetario da Casa das Ciencias, que incluirá catro sesións diarias do 28 de marzo ao 6 de abril, incorpora a estrea dunha sesión en directo cun contido especial dedicado ás eclipses solares, con motivo da que se poderá gozar desde A Coruña o 12 de agosto.

  • Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Ciencia de datos

    Cando:

    Programa de bolsas vixente ata o 17/03/2027.

    Programa gratuíto e en liña, de 200 horas de duración, organizado por IBM en colaboración con Fundae. A ciencia de datos implica recompilar, limpar, organizar e analizar datos co obxectivo de extraer ideas útiles e predicir os resultados esperados.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión