Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • Programa de Emprendemento e Innovación: AddVenture

    Cando:

    Dende o 27/04/2026 ata o 09/07/2026

    Inscricións:

    Ata o 15/04/2026

    AddVenture é un programa de emprendemento e innovación deseñado para axudar a persoas emprendedoras a estruturar, validar e facer crecer os seus proxectos. Esta iniciativa está impulsada polo Consello Social da Universidade da Coruña (UDC).

  • 2 prazas de auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Vilasantar

    Inscricións:

    Ata o 23/04/2026

    O Concello de Vilasantar convoca proceso selectivo para a cobertura de dúas prazas de auxiliar do Servizo de Axuda no Fogar mediante o sistema de oposición na quenda libre e formación de bolsa de emprego.

  • Introdución á Ciencia de Datos. CISCO NETWORKING ACADEMY

    Cando:

    O curso comeza o 20 de abril de 2026.

    Inscricións:

    Dende o 06/04/2026 ata o 17/04/2026

    O programa Aula Mentor presenta este curso en liña e gratuíto desenvolvido en colaboración con Cisco Networking Academy.

  • Curso de Ciberseguridad en liña: Administración de Ameazas Cibernéticas

    Cando:

    O curso comeza o 20 de abril de 2026.

    Inscricións:

    Dende o 06/04/2026 ata o 17/04/2026

    O programa Aula Mentor presenta o curso en liña de Administración de Ameazas Cibernéticas, unha formación especializada orientada a desenvolver competencias avanzadas en ciberseguridad, xestión de riscos e análises de ameazas.

  • Técnico/a Informática no Concello de Ponteareas

    Inscricións:

    Ata o 22/04/2026

    O Concello de Ponteareas convoca proceso selectivo para a provisión, con carácter de persoal laboral fixo e mediante o sistema de concurso-oposición libre, dunha praza de técnico/a informática.

  • Charlas de educación viaria

    Cando:

    Dende o 14/04/2026 ata o 26/05/2026

    O Concello da Coruña iniciará, no mes de abril, un novo programa de charlas de educación viaria, co obxectivo de fomentar hábitos seguros nos desprazamentos e reducir os riscos asociados aos atropelos en vías urbanas.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión