Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Temos un novo sistema de inscrición que utilizaremos en todas as nosas actividades.

Aínda que é moi sinxelo, lembra que podes preguntar as túas dúbidas chamándonos a calquera dos Espazos de Información Xuvenil no horario de atención ao público.

Onde estamos

Sección "Consegue as túas entradas"

Cada actividade con inscrición inclúe a sección "Consegue as túas entradas" que funciona como unha Teletaquilla xeradora de tickets correspondentes ás prazas dispoñibles da devandita actividade, con independencia da franxa de idade na que se faga a inscrición.

O primeiro paso é seleccionar a categoría de idade e clicar no botón "Rexistrarse". No programa Nocturnia permítese facer unha inscrición por persoa.

Ten en conta que neste punto o sistema realiza unha prerreserva da praza que seleccións por un tempo limitado. É dicir, se o sistema detecta que o proceso se prolonga máis do necesario terás que volver comezar.

O seguinte paso consiste en cubrir un formulario en liña completando a Información de contacto así como algúns datos obrigatorios necesarios para poder asistir ás activiades. Ademais no caso de menores de idade será necesario completar información relativa á persoa que autoriza a inscrición.

Para continuar e finalizar a inscrición, deberás revisar os detalles do "pedido" comprobando que a información está correcta e deberás seleccionar "Enviar rexistro". Así xa queda a inscrición completada e recibirás na dirección de correo electrónico unha confirmación con todos os datos e cunha ligazón para que poidas cancelar a túa praza no caso de que ao final non poidas asistir.

Volver a menú

Ticket e Código QR

Como xa dixemos, unha vez que fixeches a inscrición, recibirás un correo electrónico de confirmación con todos os datos e cunha ligazón para que poidas cancelar a túa praza no caso de que ao final non poidas asistir.

Ademais no devandito correo irá como documento adxunto un PDF do Ticket cun código QR que terás que ter a man o día da actividade para presentar á entrada da mesma.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión