Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

2.111 Bolsas de Colaboración en Departamentos universitarios para o curso académico 2026-2027

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca 2.111 bolsas para facilitar a colaboración de estudantes universitarios nos departamentos universitarios co fin de iniciarse en tarefas de investigación vinculadas cos estudos que están a cursar e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 22/09/2026

ás 15.00 horas.

Requisitos:

  • Estudantes universitarios que no curso 2026-2027 estean matriculados no último curso de estudos de Grao ou no primeiro curso dun Mestrado universitario oficial.
  • Obter como nota media nos seus estudos a que se sinala a continuación para cada unha das ramas de titulacións oficiais:
    • 7,25 puntos para a rama de Enxeñaría e Arquitectura ou Ensinos Técnicas
    • 7,70 puntos para as ramas de Ciencias ou Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas
    • 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde
    • 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

Remuneración / Dotación:

A dotación da bolsa de colaboración será de 2.000 euros

Páxina web:

www.educacionfpydeportes.gob.es

Contacto:

Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes

Rúa Los Madrazo, 17. 28014 Madrid.

Teléfono: 910 837 937

Publicación: BOE 17/07/2026 (extracto)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS (Identif.): 919565

Quen resulte beneficiarios da axuda deberán prestar a súa colaboración a razón de tres horas diarias durante sete meses e medio a contar desde a data de incorporación ao departamento correspondente como bolseiro de colaboración, nos termos recollidos no proxecto de colaboración na universidade na que estean matriculados no curso 2026-2027.

  • UDC 29 bolsas
  • USC 84 bolsas
  • UVigo 49 bolsas
  • UNED 5 bolsas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión