Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
29 bolsas para participar no programa Idiomas do Mundo 2026
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, convoca o programa educativo A Coruña no Mundo: Idiomas do Mundo 2026; axudas para realizar unha estadía en Irlanda co fin de mellorar as competencias lingüísticas.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 13/02/2026
Duración:
4 semanas nos meses de xullo e/ou agosto de 2026.
Requisitos:
Estar en posesión do documento nacional de identidade ou número de identidade de estranxeiro.
Residir e estar empadroado co seu pai, nai ou representante legal, no seu caso, no municipio da Coruña cun tempo previo de empadroamento mínimo dun ano ininterrompido.
Estar matriculado e cursar 1º de Bacharelato nun centro escolar da cidade da Coruña no curso 2025-2026.
Contar no curso de 4º da ESO cunha cualificación media de 6 ou máis e non ter ningunha materia suspensa.
Contar no curso de 4º da ESO con cualificación de 7 ou máis na materia de inglés.
Solicitudes:
1º. A persoa solicitante deberá cubrir a ficha específica do programa "A CORUÑA NO MUNDO: IDIOMAS DO MUNDO 2026" na páxina web municipal. Logo de completar a dita ficha específica, o sistema elabora un xustificante de confirmación (documento PDF) que se envía ao correo electrónico facilitado. Este xustificante ten un número de asignación (ID), que será o de referencia de cada expediente no procedemento.
2º. A solicitude de participación no programa, xunto coa documentación complementaria do expediente, deberá presentarse nun rexistro municipal (presencial ou electrónico) ou en calquera dos lugares establecidos na normativa. A inscrición en liña da ficha específica non terá en ningún caso valor de solicitude da bolsa se non se presenta nun rexistro.
Remuneración / Dotación:
A participación no programa non implica a total gratuidade para o alumnado beneficiario, polo que as familias en función da súa renda per cápita, achegarán as cantidades que lles correspondan.
Dous tipos de bolsas:
Bolsa total. Serán beneficiarias de bolsa total as persoas seleccionadas que obteñan unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 7 e 10 puntos (ambos inclusive).
Bolsa parcial. As familias do alumnado que obteña unha puntuación en relación á situación económica da unidade familiar nuclear comprendida entre 0 e 6 puntos asumirán un mínimo do 5% e un máximo do 35% do prezo da praza.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible