Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

39º Festival Noroeste Estrella Galicia

Na 39 edición do Festival Noroeste Estrella Galicia o público poderá gozar de máis de 40 artistas en 7 escenarios diferentes espallados por toda a cidade. Como principal novidade, este ano contará tamén cunha exposición sobre creación artística e memoria musical na Casa Museo Casares Quiroga, do 30 de xullo ao 8 de agosto e onde se poderán contemplar, entre outras obras, todos os deseños dos carteis das anteriores edicións.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/08/2026 ata o 09/08/2026

Prezo:

Gratuito

Páxina web:

https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/

Contacto:

Documentos:

programa completo .pdf (106 KB)

FESTIVAL NOROESTE: do 5 ao 9 de agosto

5 de agosto:

  • Law, David Regueiro Trío ft. Pablo Castaño, Pamela Rodríguez e Fantastic Negrito en Azcárraga
  • Colorado, Greasy Belly, Agoraphobia, Frankie and the Witch Fingers no Campo da Leña
  • Freestyle People ft. Gallos del Norte, Orquesta Invisible, Catuxa Salom e Bongeziwe Mabandla en Santa Margarida
  • Anna Andreu no Castelo de San Antón e Ángel Stanich, Dorian, Familia Caamagno e a Orquestra do Quince na praza de María Pita

6 de agosto:

  • Apolo18, MFC Chicken, La Perra Blanco e Moura en Azcárraga
  • Mar de Fondo, MEU, Tsunami Arise e Ruxe Ruxe no Campo da Leña
  • Banda DiversidArte ft. Silvia Penide & La Sophie Simonds Band, Mounqup, Xosé Lois Romero & Aliboria e Mari Froes no parque de Santa Margarida
  • Ana Lua Caiano no Castelo de San Antón
  • Vicente Calderón e Yerai Cortés na praza de María Pita

7 de agosto:

  • Crowded, Bala, Sprints e Rusowsky na praia de Riazor
  • DJMIL no Portiño

8 de agosto:

  • Zënzar, Sés, Echo & The Bunnymen e Bomba Estéreo na praia de Riazor
  • Sofie Peries e Saya DJ no Portiño

9 de agosto: 

  • REY DJ, La Yaya DJ e Monkey Mambo Club no Portiño

No referente ás artes escénicas, os Xardíns de Méndez Núñez acollerán os espectáculos do 'Noroestiño', pensados para público familiar, do 6 ao 9 de agosto.

O parque de Santa Margarida volverá ser o escenario que peche unha edición máis do Festival Noroeste Estrella Galicia, co espectáculo 'Amoriños' que ofrecerán Xosé A. Touriñán e David Perdomo o domingo 9 de agosto.

*consultar horarios ou cambios na programación en https://festivalnoroesteestrellagalicia.com/ 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión