Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

647 axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2026

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca axudas para actividades de formación en Canadá, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Francia, co obxectivo de mellorar a competencia en linguas estranxeiras do alumnado de bacharelato.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 03/03/2026

Duración:

3 semanas, entre finais de xullo e finais de agosto de 2026.

Prezo:

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D). Teranse en conta como criterios a nota media do expediente no curso 2024/25, a renda per cápita da unidade familiar, a condición de familia numerosa e a condición de persoa con discapacidade. 

Requisitos:

  • Estar cursando, no réxime xeral ordinario, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2025/26, na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2024/25.
  • Ter acadado no curso 2024/25, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 en 4º da ESO para as prazas ofertadas para 1º de bacharelato ou en 1º de bacharelato para as prazas ofertadas para o 2º curso de bacharelato.
  • Non ter concedida, neste curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do DNI, NIE ou pasaporte.
  • As axudas poderán ser solicitadas polas persoas proxenitoras ou titoras legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Remuneración / Custo:

O custo total de cada actividade inclúe:

  • Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • As persoas monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de manutención e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/axudasle

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 881 997 426 // 881 997 419

Email: axudasle@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 03/02/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED504B 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión