Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

7 Artistas 7 Atmosferas

As artes, como defensoras dun paradigma de resistencia, non saen ben paradas dentro do sistema educativo. Cada día, instigada dende as esferas políticas, a sociedade asume de forma natural a exclusión da aprendizaxe creativa das aulas. O activismo artístico pretende quebrantar e fracturar esta situación paradoxal. NORMAL reúne en ATMOSFERAS a artistas que, entre estes fragmentos e fisuras, crean terreos fronteirizos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/05/2015 ata o 23/10/2015

Xa rematou

Horario:

de 11 da mañá a 10 da noite, de luns a venres.

Enderezo:

NORMAL . Paseo Ronda 47. 15011 A Coruña

Organiza:

Normal
Leo López, Julio Falagán, Amaya González Reyes, Javier Abad, Alg-a, Marcos Nine e Adrián Crego axitan as esferas do cotián entre o descubrimento, a creación e a invención, e confeccionan modos de actuación e de pensamento crítico para o cambio educativo.

As atmosferas son espazos interactivos de posibilidades ilimitadas que mergullan ao espectador nun ambiente relacional. ATMOSFERAS, para o cambio educativo, reflexiona sobre a vida e as rutinas dos individuos en colectividade, as friccións entre o persoal e o comunitario a través de todos os estratos sociais, incluída a exclusión. Convida ao espectador a unha interacción entre a artificialidade estética do ambiente creado e a naturalidade das sensacións xeradas dentro dela. Son ambientes que convidan á incomodidade, con instalacións artísticas que funcionan como axitadoras sociais, como un proxecto de posibilidade, politicamente incorrecto e educativamente transformador. Nada que obxectar. Á fin e ao cabo, isto é NORMAL!

COMISARIADO E PRODUCIÓN
NORMAL
Espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña

 

+ Información: http://istoenormal.org/es/exposicions/atmosferas

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión