O Teatro Rosalía Castro acolle a estrea absoluta de "A historia vaxenial", un espectáculo que ten a súa orixe na serie "Historias Vaxeniales", creada por Raquel Nogueira O éxito da serie, que se fíxo viral e acumula millóns de reproducións, impulsou a creación desta obra chea do mesmo humor e ironía que conquistaron as redes sociais.
Para público en xeral
06/02/2026
20:30 h.
entre 6,50 € e 14,00 €
*desconto -20% para carné xove, + 65 anos, desempregadas/os, e desconto -25% para familias numerosas
Venda de entradas:
O espectáculo "A historia vaxenial" é unha comedia sobre o corpo das mulleres que con humor, ironía e un montón de movidas históricas, trata temazos que fixeron suar tinta e sangue á metade da humanidade. Unha obra teatral que rescata do esquecemento o dramón feminino por antonomasia para devolvelo ao centro da escena convertido nunha comedia que devolve a risa aos corpos das mulleres.
A serie orixinal, "Historias Vaxeniales", foi galardoada cun premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual e co Premio Luísa Villalta a proxectos de igualdade da Deputación de A Coruña.
Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026
Dende o 07/02/2026 ata o 28/02/2026
Ata o 13/02/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible