Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Acceso e Admisión ás Ensinanzas Superiores de Arte Dramática, curso 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2026-2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026

Inscricións:

Ata o 16/06/2026

Prezo:

64€

Requisitos:

  • a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado aos ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
    • As persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha materia do bacharelato poderán inscribirse no proceso de acceso e admisión e realizar a proba e, no caso de superala, poderán optar á asignación da praza solicitada, unha vez estean en posesión do título de bacharelato.
  • b) Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, en que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.

Páxina web:

esadgalicia.com

Contacto:

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD)

Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212- Vigo (Pontevedra)

tel: 886 121 970

e-correo: esad.galicia@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 27/04/2026

INSCRICIÓN: até o 16 de xuño de 2026.

Le atentamenta a Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2026/27.

Con carácter xeral, as solicitudes de inscrición cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible na aplicación informática «EAS» (https://www.edu.xunta.gal/eas), que permitirá a achega electrónica da documentación requirida. O acceso á dita aplicación poderá realizarse mediante os sistemas de identificación electrónica habilitados para o efecto.

Unha vez cargada a documentación preceptiva e completada a solicitude na aplicación informática «EAS», deberase finalizar e xerar o documento de solicitude de inscrición. Dita solicitude, debidamente asinada, presentarase na Secretaría da ESAD de Galicia dentro do prazo establecido.

As persoas solicitantes que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) poderán acceder ao formulario de inscrición directamente na Secretaría da ESAD de Galicia.

  • 19 de xuño: publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas.
  • 22 e 23 de xuño: reclamación contra a listaxe provisional.
  • 26 de xuño: publicación listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para facer a proba.

PROBAS ESPECÍFICAS ACCESO

A proba de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática será realizada por especialidades. Constará dunha única proba que comprenderá diferentes exercicios, referidos á especialidade pola cal opten as persoas aspirantes.

  • Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: consistirá, como mínimo, nun traballo escrito que implicará o desenvolvemento dunha proposta escénica, nun exercicio breve de dirección de grupos, na escrita dun texto breve a partir dunha situación dramática, e nunha entrevista persoal.
  • Especialidade de Escenografía: consistirá, como mínimo, na realización dun debuxo do natural e dun deseño escenográfico a partir dos motivos que en cada caso se propoñan, e nunha entrevista persoal.
  • Especialidade de Interpretación: consistirá, como mínimo, en dúas sesións de traballo cunha duración non superior a catro horas cada unha, nas que se realizarán diferentes actividades expresivas propias da especialidade, e nunha entrevista persoal.

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: realizaranse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. A partir do día 6 de xullo de 2026, de acordo co calendario e horarios publicados polo centro. É necesario presentar o D.N.I. ou no seu defecto calquera documento de identificación persoal.

  • Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: desenvólvense durante dous días, 6 e 7 de xullo de 2026.
  • Especialidade de Escenografía: 6 de xullo de 2026. Todos os soportes e materiais necesarios para o desenvolvemento destas probas deberán ser achegados por cada aspirante. 
  • Especialidade de Interpretación: desenvólvense durante varios días, do 6 ao 8 de xullo de 2026

► 13 de xullo: publicación da listaxe provisional de cualificacións da proba específica.

14 e 15 de xullo: reclamación contra a listaxe provisional de cualificacións da proba específica.

► 20 de xullo: publicación da listaxe definitiva de cualificacións da proba específica.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión