Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de abril nas Naves do Metrosidero

Presentamos as actividades de abril para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/04/2026 ata o 26/04/2026

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

Iniciación ao skate

Clases de skate de iniciación.

Data e hora de realización: 04/04/2026 de 12:00 a 13:30h e 25/04/2026 de 12:00 a 13:30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Temos préstamo gratuito de skate e proteccións.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Torneo de Ping Pong

Torneo de Ping Pong individual.

Data e hora de realización: 11/04/2026 de 18:00 a 20:00h. 

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 16 persoas.

Club de podcasting

Obradoiro no que achegar ás persoas usuarias ao medio do podcast e do seu proceso de produción.

Data e hora de realización: 12/04/2026 de 18.00 a 19.30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Terrario nun tarro

Obradoiro de como facer un pequeno terrario nun tarro reciclado.

Data e hora de realización: 17/04/2026 de 18.00 a 19.30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: Poderán traer os seus tarros sempre que quepa a man para facer o terrario.

Número máximo de prazas: 12 persoas.

Deseña o teu marcapáxinas metálico

Obradoiro de marcapáxinas de aluminio utilizando a técnica de repuxado. 

Data e hora de realización: 18/04/2026 de 12:00 a 13:30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas. .

Elabora o teu xabón caseiro

Obradoiro para aprender a elaborar xabón co uso de aceite reciclado.

Data e hora de realización: 19/04/2026 de 18:00 a 19:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: As persoas participantes poderán traer o seu propio aceite usado da casa que poderán colar para usar no seu xabón, ou utilizar o que proporcionemos nós. Da mesma maneira, poden traer os seus propios moldes ou recipientes de plástico nos que gardar o xabón feito e poder levalo a casa.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Lettering de Neón

Nesta actividade as persoas participantes aprenderán a facer letras estilo neón empregando diferentes técnicas de debuxo.

Data e hora de realización: 24/04/2026 de 18:00 a 20:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 12 persoas. 

Obradoiro de flores de chenilla

Obradoiro de facer flores de distintas cores empregando limpiapipas.

Data e hora de realización: 26/04/2026 de 18:00 a 19:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 12 persoas. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión