Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de agosto nas Naves do Metrosidero

O Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero presenta o seu programa de actividades para o mes de agosto. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/08/2026 ata o 31/08/2026

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles unha ollada!!

Iniciación ao skate

Aprende a patinar nas Naves do Metrosidero

Data e hora de realización:  4 de Agosto de 12:00 a 13:30h e 31 de Agosto de 12:00 a 13:30h

Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Teñen préstamo gratuito de skate e proteccións no propio Espazo Xuvenil

Número máximo de prazas: 8 

Torneo de Ping Pong

Torneo de ping pong individual

Data e hora de realización: 4 de Agosto de 19:00 a 20:30h

Número máximo de prazas: 16

A miña foto, o meu marco

Crea un marco de arxila para foto instantánea

Data e hora de realización:  117 de Agosto de 12:00 a 13:30h

Número máximo de prazas: 10 

Club de Lectura: Viaxe ao Centro Da Terra

Xuntanza para compartir impresións sobre a lectura da novela de Xulio Verne

Data e hora de realización: 20 de Agosto de 18:00 a 19:00h

Número máximo de prazas: 12

Colgante con abelorios de cores

Elabora un colgante personalizado mediante a técnica de tecido con abelorios

Data e hora de realización: 20 de Agosto de 19:00 a 20:30h

Número máximo de prazas: 8

Mergúllate en Metrosidero

Ximcana de xogos con auga

Data e hora de realización: 22 de Agosto de 11:30 a 13:30h

Requisitos: Traer bañador, toalla e muda

Número máximo de prazas: 16

Torneo de futbolín

Torneo de futbolín por parellas

Data e hora de realización: 24 de Agosto de 18:00 a 20:00h

Número máximo de prazas: 32 

Reto no rocódromo

Diferentes xogos de escalada no rocódromo

Data e hora de realización: 25 de Agosto de 12:00 a 13:00h

Número máximo de prazas: 12 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión