Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de decembro nas Naves do Metrosidero

Presentamos as actividades de decembro para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

Decora o teu nadal!

Elabora connosco decoracións de nadal con diferentes técnicas de reciclaxe e manualidades.

Data e hora de realización: 05/12/2025 e 23/12/2025 de 18:00 a 20:00h 

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 12 persoas.

Iniciación ao Skate

Clases de skate independentemente do nivel, tanto iniciación como avanzado.

Data e hora de realización: 06/12/2025 de 17:30 a 19:00h e 20/12/2025 de 12.00 a 13.30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: Imprescidible traer skate e casco, outras proteccións son recomendables.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Creando pulseiras de macramé por Nadal

Obradoiro de pulseiras de macramé con abalorios con motivos navideños.

Data e hora de realización: 13/12/2025 de 12:00 a 13:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Decoracións festivas con arxila

Crea as túas propias decoracións navideñas con arxila.

Data e hora de realización: 14/12/2025 e 28/12/2025 de 18:00 a 20:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Observacións: Na primeira sesión daráselle forma á peza, e na segunda, coa peza seca, pintarase e daráselle o verniz. 

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Crea o teu turrón de Nadal

Obradoiro de creación de turróns de chocolate e froitos secos. 

Data e hora de realización: 22/12/2025 de 18:00 a 20:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 10 persoas.

Reto no rocódromo

Demostra as túas habilidades de escalada nestes xogos no rocódromo.

Data e hora de realización: 27/12/2025 de 12:00 a 13:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: Entre 3 e 12 persoas. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión