Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de decembro no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de decembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

DECEMBRO

  • 06/12/2025 de 18:00 a 20:00h. Aprende a xogar Digimon TCG. É necesaria a inscrición.
    • Mocidade de 18 a 30 anos
    • Se coñeces o universo de Digimon, seguro que che sona o xogo de cartas. Apúntate para aprender a xogar e botar unhas partidas coas túas amizades.
  • 09/12/2025 de 17:30 a 19:00h. Obradoiro de Escritura Creativa 2ª edición. É necesaria a inscrición.
    • Despois do éxito da primeira edición, retomamos esta actividade creativa, na que dar soltura ao lapis ...e á imaxinación.
  • 12/12/2025 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de Scrapbooking. Snail Mail - o teu correo bonitiño. É necesaria a inscrición. 
    • Nova proposta de scrapbooking, desta volta para crear un correo postal decorado dun xeito particular. Pensa a quen lle queres enviar unha nadaliña este ano e ven creala con moito agarimo.
  • 20/12/2025 de 19:00 a 21:00h. I Reto de debuxo Chill & Draw. Entrega de agasallos! Entrada libre.
    • O broche final do II reto de debuxo será un evento para entregar os agasallos... Anímate a vir, aínda que non completaras o reto... pode haber sospresas!
  • 23/12/2025 de 18:00 a 19:30h. Obradoiro de decoración. Tarros de Nadal. É necesaria a inscrición.
    • Neste obradoiro convertiremos un sinxelo tarro de cristal nun bonito portavelas para decorar a casa no Nadal.
  • 26/12/2025 de 19:30 a 20:30h. Club de lectura. Compartir historias. É necesaria a inscrición.
    • Se eres amante dos libros ou incluso escribes as túas propias historias ou poemas, este encontro é para ti. Xuntámonos para compartir lecturas e reflexións, nesta ocasión con temática de inverno e de Nadal.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión