Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades de decembro no Espazo Xuvenil O Remanso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de decembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)
Bótalles un ollo a continuación:
DECEMBRO
06/12/2025 de 18:00 a 20:00h. Aprende a xogar Digimon TCG.É necesaria a inscrición.
Mocidade de 18 a 30 anos
Se coñeces o universo de Digimon, seguro que che sona o xogo de cartas. Apúntate para aprender a xogar e botar unhas partidas coas túas amizades.
09/12/2025 de 17:30 a 19:00h. Obradoiro de Escritura Creativa 2ª edición. É necesaria a inscrición.
Despois do éxito da primeira edición, retomamos esta actividade creativa, na que dar soltura ao lapis ...e á imaxinación.
12/12/2025 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de Scrapbooking. Snail Mail - o teu correo bonitiño. É necesaria a inscrición.
Nova proposta de scrapbooking, desta volta para crear un correo postal decorado dun xeito particular. Pensa a quen lle queres enviar unha nadaliña este ano e ven creala con moito agarimo.
20/12/2025 de 19:00 a 21:00h. I Reto de debuxo Chill & Draw. Entrega de agasallos! Entrada libre.
O broche final do II reto de debuxo será un evento para entregar os agasallos... Anímate a vir, aínda que non completaras o reto... pode haber sospresas!
23/12/2025 de 18:00 a 19:30h. Obradoiro de decoración. Tarros de Nadal. É necesaria a inscrición.
Neste obradoiro convertiremos un sinxelo tarro de cristal nun bonito portavelas para decorar a casa no Nadal.
26/12/2025 de 19:30 a 20:30h. Club de lectura. Compartir historias. É necesaria a inscrición.
Se eres amante dos libros ou incluso escribes as túas propias historias ou poemas, este encontro é para ti. Xuntámonos para compartir lecturas e reflexións, nesta ocasión con temática de inverno e de Nadal.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible