Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de febreiro no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de febreiro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 08/02/2026 ata o 27/02/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

FEBREIRO

  • 08/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de estampación en tea"Bícame para a lembranza". 
    • É necesaria a inscrición (12 prazas)
    • Estampación baseada nas letras tradicionais das cantareiras galegas, reinterpretadas desde unha mirada contemporánea, feminista e comunitaria. Da oralidade ao tecido!.
  • 12/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Máscaras de Entroido.
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas)
    • Xa ven aí o Carnaval! No Remanso imos preparar unhas máscaras de Entroido moi creativas. Anímate a deseñar a túa máscara única e exclusiva ao teu gusto.
  • 13/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Puzzle victoriano introspectivo. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Apúntate a esta actividade se che apetece coñecerte mellor. Indagaremos na nosa personalidade e escribiremos cadansúa carta de amor propio, pero dun xeito moi divertido e enxenioso: no clásico quebracabezas victoriano.
  • 22/02/2026 de 18:00 a 20:00h. Torneo de One Piece TCG (4 primeiras expansións). 
    • ​​​​​​​É necesaria a inscrición. (12 prazas) 
    • Torneo, pero do que se trata aquí é de aprender os fundamentos báiscos do xogo de cartas de One PIece. As cartas xa as poñemos nós!
  • 27/02/2026 de 19:30 a 20:30h. Club de lectura"Compartindo historias"(2º encontro). 
    • ​​​​​​​É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Se hai segunda edición é que a primeira foi todo un éxito. Ven, trae contigo un fragmento dun texto que che gustase e compárteo!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión