Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de outubro nas Naves do Metrosidero

Presentamos as actividades de outubro para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/10/2026 ata o 30/10/2026

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

Torneo de Ping Pong

Torneo de ping pong individual.

Data e hora de realización: 04/10/2026 de 18:00 a 20:00h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 16 persoas.

Torneo de futbolín

Torneo de futbolín por parellas.

Data e hora de realización: 09/10/2026 de 18:00 a 19:30h.  

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 32 persoas.

Iniciación ao skate

Aprende a patinar nas Naves do Metrosidero.

Data e hora de realización:  10/10/2026 de 12:00 a 13:30h. e 24/10/2026 de 12:00 a 13:30h. 

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: É obrigatorio o emprego de casco. Teñen préstamo gratuito de skate e proteccións.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Iniciación ao parkour

Aprende e practica os movementos básicos do parkour.

Data e hora de realización: 19/10/2026 de 18:30h a 20:00h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Talla en xabón

Creación de rostros ou tótems en pastillas de xabón mediante a técnica de escarbar ou desbaste.

Data e hora de realización: 21/10/2026 de 18:30h a 19:30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 12 persoas.

Imáns de arxila

Obradoiro de imáns feitos con arxila.

Data e hora de realización: 24/10/2026 de 17.00 a 19.30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 10 persoas.

Obradoiro de candeas

Facer candeas con cera de soia e colorantes naturais.

Data e hora de realización: 25/10/2026 de 17:30 a 19:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas. 

Club de Manga e Anime

Club de reunión para compartir e debater sobre publicacións de manga e anime.

Data e hora de realización: 30/10/2026 de 18:00 a 19:00h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 12 persoas. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión