Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Actividades de setembro no Espazo Xuvenil O Remanso
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de setembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Sábado 19 de 18.00 a 20.30 h.: Torneo de TGC Digimon
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Queres aprender a xogar ao TCG de Digimon? Xa sabes xogar e queres practicar cun extra de motivación? Anótate ao noso torneo e disfrutarás deste xogo nun bo ambiente.
Xoves 24 de 17.30 a 21.30 h.: Tarde de xogos: "Caverna: Los granjeros trogloditas"
É necesaria a inscrición. (7 prazas)
Outra emocionante tarde de xogos, desta volta aprendendo a xogar a "Caverna: los granjeros trogloditas", un xogo de xestión de recursos e colocación de lousas no que terás que converter unha humilde caverna nun fogar acolledor e próspero.
Venres 25 de 19.00 a 21.00 h.: Crea a túa lámpada lunar
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
(Actividade de agosto adiada). Neste obradoiro mancharemos as mans para construír unha bonita lúa luminosa que enfeitará calquera recunchiño da nosa casa. Aproveitaremos tamén para aprender un pouquiño máis sobre o noso misterioso satélite.
Sábado 26 de 17.30 a 19.00 h: Iniciación á danza comercial: Pop Latino
É necesaria a inscrición. (10 prazas)
Damos a benvida ao outono cunha actividade de baile ben divertida! Aprenderemos unha coreografía de pop latino desde cero. Trae roupa cómoda, botella de auga e moitas ganas de pasalo ben... agardámoste!
Máis información e inscricións en:
Espazo Xuvenil O Remanso
621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario de apertura do centro)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible