Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de xaneiro nas Naves do Metrosidero

Presentamos as actividades de xaneiro para o Espazo Xuvenil Naves do Metrosidero. Se tes entre 12 e 30 anos non dubides en anotarte.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 10/01/2026 ata o 31/01/2026

Enderezo:

Naves do Metrosidero . 15001 A Coruña

Requisitos:

  • Idades: de 12 a 30 anos
  • Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna (descargar Autorización a menores do apartado de Documentos), ademais de amosar unha copia do DOI da persoa que autoriza.

Contacto:

Teléfono/WhatsApp: 621.183.095

Documentos:

Descargar Modelo Autorización menores (PDF) (243 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil Metrosidero
  • Whatsapp 621 18 30 95 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

Crea o teu "tres en raia" con arxila

Obradoiro no que crearás o teu taboleiro e pezas de tres en raia con arxila de secado ao aire.

Data e hora de realización: 10/01/2026 e 24/01/2026 de 11:30 a 13:00h. 

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Observacións: Na primeira sesión daráselle forma á peza, e na segunda, coa peza seca, pintarase e daráselle o verniz.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Decoración de camisetas

Personaliza prendas de roupa con pintura textil neste obradoiro.

Data e hora de realización: 11/01/2026 de 18.00 a 20.00h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Observacións: Debes traer unha camiseta ou peza de roupa a decorar, idealmente de cor clara ou cor branca.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Iniciación ao Skate

Clases de skate independentemente do nivel, tanto iniciación como avanzado.

Data e hora de realización: 17/01/2026 de 17:30 a 19:00h e 31/01/2026 de 12:00 a 13:30h.

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Requisitos: Imprescindible traer skate e casco, outras proteccións son recomendables.

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Xadrez 3x3

Tres xogos no xadrez xigante para demostrar a túa mestría.

Data e hora de realización: 18/01/2026 de 18:00 a 19:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: Entre 4 e 10 persoas. .

Iniciación ao podcasting

Obradoiro no que achegar ás persoas usuarias ao medio do podcast e do seu proceso de produción.

Data e hora de realización: 25/01/2026 de 18:00 a 19:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas.

Crea o teu soporte para candeas

Obradoiro creativo para transformar materiais reciclados en soportes únicos para candeas.

Data e hora de realización: 30/01/2026 de 18:00 a 19:30h

Inscrición: Presencial ou por chamada ou Whatsapp ao 621 18 30 95

Número máximo de prazas: 8 persoas. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión