Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de xuño no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de xuño. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 11/06/2026 ata o 30/06/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

XUÑO

  • 11/06/2026 de 18:00 a 20:00h. Mandalas con fíos de cores. 
    • É necesaria a inscrición (10 prazas)
    • Pasaremos un anaco divertido elaborando os nosos propios e únicos mandalas, pero cambiaremos os lapis por fíos de cores! Aprenderemos distintas técnicas para crear unha decoración, un posavasos ou un amuleto: ti decides como usalo!
  • 26/06/2026 de 19:00 a 21:00h. Compartir historias. Quedada lectora: o teu fav de ciencia ficción.
    • Chega unha nova quedada lectora! Desta volta compartiremos historias de ciencia ficción. Cal é a túa obra favorita deste xénero? Agardámoste!
  • 29/06/2026 de 18:00 a 20:00h. II Olimpiadas de debuxo (todos os niveis). 
    • É necesaria a inscrición. (8 prazas) 
    • Non importa a calidade do debuxo, aquí o que se premia é a orixinalidade. Dúas probas: Adiviña a palabra e combate de debuxo, só poder quedar unha persoa!
  • 30/06/2026 de 18:00 a 20:00h. Bailando dende cero, navegando entre décadas. 
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas) 
    • Especial para a xentiña máis bailonga! Unha actividade orixinal na que faremos unha viaxe pola música das últimas décadas da historia. Aprenderemos distintos estilos de baile e algunhas coreografías moi marchosas. Anímate!

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión