Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Admisión Formación Profesional Dual intensiva, curso 2026/2027
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publica a o proceso de admisión para o vindeiro curso 2026/2027 do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ciclos formativos de formación profesional dual intensiva.
Ter 18anos (ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo). Non hai límite superior de idade.
Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe (actualmente contrato de formación en alternancia establecido no Real decreto lei 32/2021), e cumprir os requisitos na normativa laboral vixente para poder formalizalo.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
O alumnado que teña 16 anos no momento de incorporación á empresa e que cumpra os requisitos de acceso, poderase matricular nos proxectos de formación profesional dual intensiva nos que, logo de rematado o período ordinario de matriculación no proceso de admisión a estas ensinanzas, queden prazas vacantes e, por tanto, non exista listaxe de espera.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Deberase cubrir unha solicitude para un único proxecto de FP dual intensiva, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp. A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida terá que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de FP dual intensiva sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada. Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta ningunha petición.
Toda a información do proceso de admisión a FP dual intensiva estará dispoñible no enderezo web www.edu.xunta.gal/ fp. Para a consulta da situación individual pódese usar o DOI e o código da solicitude, usuario e contrasinal de edu.xunta.gal, chave 365 e certificado dixital.
DOCUMENTACIÓN. A solicitude de admisión deberá ir acompañada da seguinte documentación:
DNI ou NIE. Cando non se dispoña del, copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea.
No caso de non ter realizados os estudos na Galicia, certificación académica dos requisitos de acceso.
PARTICIPACIÓN NOUTROS PROCESOS DE ADMISIÓN DE FP:
As persoas que participen no procedemento de admisión e matrícula para os proxectos de formación profesional dual intensiva tamén poderán realizar a solicitude de admisión a outras ofertas de formación profesional.
Serán excluídas dos procesos de admisión a FP dual intensiva as solicitudes das persoas matriculadas en ESO, bacharelato ou FP (incluída a FCT), agás o establecido para as solicitudes de matrícula simultánea.
Tamén serán excluídas dos procesos de admisión a outras ofertas de formación profesional as solicitudes das persoas nalgunha das seguintes circunstancias:
- Admitidas (seleccionadas) nun proxecto de FP dual intensiva ou en Formación acelerada.
- Admitidas en cursos de especialización de formación profesional.
As persoas non admitidas en ningún proxecto de FP dual intensiva continuarán no proceso de admisión a ciclos formativos.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible