O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.
Para público en xeral
Dende o 01/05/2026 ata o 31/05/2026
gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña
Tel.: 689 578 727
Correo electrónico: reservascor@muncyt.es
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
O ICOM organiza cada 18 de maio o Día Internacional dos Museos, este ano baixo o tema «Museos unindo un mundo dividido» para destacar o potencial dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas, fomentando o diálogo, o entendemento e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. O MUNCYT A Coruña organiza actividades especiais o 16 de maio, como punto de arranque da programación destinada á divulgación da eclipse que se poderá observar desde A Coruña o 12 de agosto. Visitas guiadas, xogos de pistas e actividades arredor da colección do museo completarán a oferta do museo para o DIM 2026.
FESTIVAL RESIS "A PROXECCIÓN SONORA V"
Posta en escena do proxecto didáctico e inclusivo que, baixo o título "Aqua Matrix", culminará nunha instalación que combinará unha serie de esculturas e obxectos sonoros relacionados coa auga, acompañados de pezas de videoarte. Durante os talleres, as persoas participantes traballarán con técnicas de creación plástica, narración oral, teatro, danza ou experimentación con ferramentas dixitais para crear pezas sonoras e audiovisuais. Sábado 9 ás 13.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar a capacidade.
TALLER TECNOLÓXICO FAMILIAR "CONSTRUCIÓN DUN TELÉGRAFO"
Para lembrar as primeiras emisións de Samuel Morse en maio de 1844, neste taller, presentarase algúns dos sistemas de transmisión máis coñecidos e analizaremos as diferenzas entre a codificación e o cifrado de información. A continuación, desenvolverase o proxecto: construción dun telégrafo e a súa conexión a un receptor electrónico encargado de ler o código Morse e transformalo en texto. O texto mostrarase nunha pantalla LED. Para probalo, utilizarase unha táboa de representación do código Morse para practicar. Sábado 23 ás 12.00 h. Público familiar (8-12 anos), reserva previa ou en despacho de billetes.
COMPETICIÓN "WORLD ROBOT OLYMPIAD"
Competición de robótica educativa de ámbito internacional que ofrece ás persoas novas unha oportunidade para achegarse de maneira lúdica e divertida á tecnoloxía e a enxeñería. Os e as estudantes, coa orientación dunha acodes adestradora, deben construír un robot innovador que supere un reto. Os equipos deben rexistrarse con antelación nas distintas categorías e a competición aberta ao público xeral ás 12.00 h, ten entrada libre ata completar a capacidade. Sábado 30 en horario de mañá. Consultar as condicións de participación.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"
En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo a fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época... Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente- máis decisivas de Humboldt. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.
FINS DE SEMANA
Ata o 12/06/2026
Dende o 13/05/2026 ata o 25/05/2026
2º convocatoria: abrirase de novo o formulario para programas con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 5 días antes do inicio da actividade.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible