O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de xuño, elaborada arredor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas.
Para público en xeral
Dende o 01/06/2026 ata o 30/06/2026
gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011 A Coruña
Tel.: 689 578 727
Correo electrónico: reservascor@muncyt.es
DÍA DA MÚSICA E SOLSTICIO DE VERÁN
Desde o Ano Europeo da Música en 1985, a UE estableceu o 21 de xuño como o Día da Música para promover a diversidade musical e o intercambio cultural. A data é a do solsticio, evento astronómico conectado co cambio de estación e as colleitas, celebrado por moitas culturas con festas como a noite de San Xoán e declarado Día Internacional pola ONU. O museo celebrarao para marcar a fin do curso escolar e inicio do verán.
CHARLA-TALLER "CANDO A LÚA APAGA O SOL: A GRANDE ECLIPSE DE 2026 NA CORUÑA"
O MUNCYT A Coruña desenvolve un programa de actividades para a divulgación da eclipse que se poderá observar desde A Coruña o 12 de agosto de 2026. Xabier Pérez Couto, matemático e astrofísico, investigador no CITIC da Universidade da Coruña e divulgador de astronomía como AstroXabi, falaranos sobre a singularidade dunha eclipse total e a importancia dende un punto de vista científico, tanto historicamente como na actualidade. Pasará á práctica e dará consellos sobre a observación. Actividade en colaboración co vicerreitorado de Divulgación, Cultura e Deportes da UDC. Venres 12 de xuño ás 19.30 H. Público xeral e familiar, con reserva previa.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "DA TERRA AO REFUXIO"
A través da mirada do fotógrafo Juan Luís Rod e da arquitecta Patricia Muñiz, a exposición pon o foco nas necesidades das comunidades afectadas en Cabo Delgado (Mozambique) polos conflitos armados e os impactos climáticos extremos, que provocaron centos de desprazamentos. Entenderemos, a través dun proxecto de investigación da Universidade da Coruña e a implementación dos refuxios por parte da Fundación Axuda en Acción, como se coordinaron solucións adaptadas ás dinámicas culturais, sociais e ambientais da rexión. Apertura o 20 de xuño.
EXPOSICIÓN TEMPORAL "OS INSTRUMENTOS DE HUMBOLDT"
En xuño de 1799, Humboldt partía do porto da Coruña a bordo da fragata Pizarro para emprender a súa grande exploración de América. Con el levaba unha colección de 42 dos instrumentos de medida máis modernos e precisos da época... Con este fito como punto de arranque, a exposición profunda nunha das facetas máis descoñecidas -e paradoxalmente máis decisivas de Humboldt-. Popularizado como naturalista e ecólogo, xeralmente pásase por alto a súa fascinación coa tecnoloxía punta e a súa obsesión coa metroloxía. Estaba convencido de que só efectuando unha medición sistemática e precisa da maior cantidade posible de fenómenos e variables chegaría a inferir as leis e relacións que rexen a natureza. Como así foi.
FINS DE SEMANA E VERÁN NO MUNCYT
Dende o 11/06/2026 ata o 30/06/2026
Dende o 05/06/2026 ata o 28/06/2026
Dende o 15/06/2026 ata o 06/07/2026
para alumnado de novo acceso
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible