Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bono Cultural Joven 2026

Axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Joven, que se aboará en tarxetas prepago personalizadas, para adquirir produtos, servizos e actividades culturais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/10/2026

Requisitos:

  • Mocidade que cumpra 18 anos en 2026.
  • Nacionalidade española ou residencia legal en España. Igualmente, poderán ser beneficiarias aquelas persoas que sexan solicitantes de asilo en España; quen solicitase protección temporal; e persoas estranxeiras extuteladas en trámite de obtención do permiso de residencia legal en España.
  • As persoas interesadas en obter a axuda do Bono Cultural Joven de 2026 deberán presentar a súa solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos cubrindo o formulario dispoñible na plataforma web https://bonoculturajoven.gob.es/.
  • Se a persoa interesada non cumpriu 18 anos de idade na data de solicitude, utilizará para a súa identificación Cl@ve PIN con rexistro avanzado, que a deberá solicitar nalgunha das oficinas públicas dispostas para ese efecto, acompañada neste caso do pai, a nai, titor/a ou curador/a.

Remuneración / Dotación:

A axuda de 400 €, que se recibe nunha tarxeta prepago persoal, pode utilizarse de dúas maneiras:

- Modalidade 1:

  • Ata 200 € en entradas, museos, concertos, cursos presenciais e material artístico.
  • Ata 100 € en libros, videoxogos, discos e outros produtos físicos.
  • Ata 100 € en subscricións e contidos dixitais (Netflix, Spotify, ebooks etc.).

- Modalidade 2: Todo o diñeiro (400 €) en cursos, talleres, instrumentos musicais e material de creación artística.

Páxina web:

https://bonoculturajoven.gob.es/

Contacto:

Ministerio de Cultura

Consultas sobre a solicitude, o estado de tramitación ou o uso da plataforma ou App móbil: 917 406 793 e bcj@fnmt.es

Consultas sobre o uso da tarxeta (activación, bloqueo, perda ou non recepción da tarxeta) ou con métodos de pago (compra de produtos ou servizos culturais): 911 23 95 693 e bonocultural@correos.com

Publicación:

BOE 22/06/2026

Base de Datos Nacional de Subvencións (BDSN): 912379

A resolución da concesión do Bono Cultural Joven será notificada no prazo máximo de seis meses, que se contarán dende a data de presentación da solicitude. Unha vez ditada a resolución da concesión, a entidade colaboradora para a facilitación e xestión dos medios de pago emitirá as tarxetas prepago que se poderán descargar dende a App correspondente. No caso de que a persoa beneficiaria non dispoña dun teléfono intelixente ("smartphone") ou non tivese este a tecnoloxía NFC, e así o manifestase na súa solicitude, facilitaránselle tarxeta/s prepago físicas.

A persoa beneficiaria poderá gastar a axuda nas tres categorías de actividades, servizos e produtos subvencionables, nas entidades adheridas ao programa, que estarán listadas polo seu nome comercial e localización na base de datos da páxina web do Bono Cultural Joven. As persoas beneficiarias deberán subir á plataforma do Bono Cultural Joven o comprobante electrónico ou a imaxe dixitalizada do xustificante da compra efectuada na que consten, polo menos, os seguintes datos: importe, data e nome da entidade na que se realizase.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión