Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campamentos de Nadal Fórum e Ágora 2025

Desde o 1 de decembro estará aberto o prazo de solicitude dos campamentos para as vacacións de Nadal do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora, que este ano abordarán a temática "O circo máximo dos sentidos".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 22/12/2025 ata o 07/01/2026

Inscricións:

Dende o 01/12/2025

ata cubrir prazas.

Horario:

22, 23, 26, 29, 30 de decembro do 2025 e 2, 5 e 7 de xaneiro do 2026 con horario ordinario de 10.00 a 14.00 h., coa posibilidade das seguintes opcións de ampliación horaria:

  • Opción A: de 10.00 a 14.30 h.
  • Opción B: de 9.00 a 14.00 h.
  • Opción C: de 9.00 a 14.30 h.
  • Opción D: de 8.30 a 14.00 h.
  • Opción E: de 8.30 a 14.30 h.

Prezo:

Campamento con horario ordinario: 35,00 € (+ampliación horaria escollida)

Requisitos:

  • Nenas e nenos nadas/os entre 2014 e 2022, teñen que ter cumpridos os 3 anos no momento de inicio do campamento, agrupados por idades.
  • Reservarase unha porcentaxe das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias. No caso de que haxa maior demanda deste tipo de prazas, valorarase individualmente cada unha das solicitudes.

Páxina web:

www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Presencialmente no Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Tel. de información cidadá: 010 / 981 184 200

correo-e: forumagora@serviplus.org 

LUGAR:

  • Fórum Metropolitano (R/ Río Monelos, 1. 15006 - A Coruña)
  • Centro Sociocultural Ágora (Lugar Gramela, 17. 15010 - A Coruña)

Nº PRAZAS90 prazas en cada centro, distribuídos en 6 grupos por idades.

INSCRICIÓN:

  • A partir do 1 de decembro, no formulario de inscrición dispoñible na www.coruna.gal/cultura. A inscrición é directa ata cubrir as prazas. Todo o proceso será telemático.
  • Unha vez enviado o formulario, recibirse un correo electrónico co acuse de recibo e, nun plazo máximo de 24 horas, un segundo correo de forumagora@serviplus.org coa confirmación da praza. 
  • Coa confirmación da praza, haberá que realizar o ingreso do importe correspondente á modalidade horaria elixida (na conta de ABANCA ES76 2080 0036 6230 4002 1977).
  • Una vez aboado o campamento haberá que enviar no prazo de 3 días hábiles un correo-e a forumagora@serviplus.org cos seguintes datos:
    •  xustificante da transferencia ou unha captura de pantalla da mesma
    •  nome da crianza
    •  centro (Fórum ou Ágora) 
    • opción da ampliación horaria
  • Transcorridos os días indicados sen recibir a documentación indicada anteriormente, poñerase a praza de novo a disposición a través do formulario de solicitude. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión