Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de voluntariado internacional 2026

Os campos de voluntariado internacional son actividades dirixidas á mocidade que desexe viaxar, coñecer novas culturas e contribuir ao cambio social, a través da participación en proxectos solidarios que se levan a cabo en países de Europa, Asia, África e América

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 05/03/2026

ata esgotar as prazas.

Duración:

15 días, aproximadamente.

Prezo:

A cota de participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos: Carné xove, Carné de familia numerosa, Familia monoparental, Familia de acollida).

Esta cota de participación inclúe os gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e o seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos da viaxe e a cota extra de participación, xa que algúns campos de voluntariado, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional ou cota extra que a persoa voluntaria deberá satisfacer a organización estranxeira á chegada ao campo, salvo indicación contraria. 

Requisitos:

  • Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.
  • A través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 
  • As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.
  • Unha vez adxudicada a praza recíbese un correo electrónico coas instruccións para o pagamento da cota de participación e para formalizar a inscrición máis toda a documentación que hai que presentar cuberta e asinada no prazo de 2 días hábiles que contarán desde o envío do correo electrónico. Toda a documentación deberase enviar por correo electrónico ao enderezo camposdevoluntariado.xuventude@xunta.gal Unha vez recibida e revisada esta documentación, confirmase por correo electrónico a súa validación e polo tanto a finalización do proceso de inscrición. 

Páxina web:

https://xuventude.xunta.gal/gl/accion-de-veran

Contacto:

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo administrativo San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela

Tel. 981 957 115 - 881 999 314

Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Injuve - Instituto da Xuventude 

Correo electrónico svi@injuve.es

O programa de Campos de Voluntariado Inssternacionais (SVI) procede directamente das organizacións internacionais que se integran na Alianza de Organizacións de Voluntariado Europeo, polo tanto a competencia e a responsabilidade na organización dos campos corresponde ás respectivas organizacións. Non obstante, Galicia participa na Alianza a través da representación do Instituto da Xuventude de España, INJUVE, e a Dirección Xeral de Xuventude traballa como intermediaria entre as persoas voluntarias e a entidade que promove o campo. 

Existen campos de voluntariado orientados a diversas áreas ou temáticas: medioambiente, rehabilitación do patrimonio histórico, acción comunitaria e intervención social, proxectos culturais e artísticos, educación e dinamización xuvenil.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión