Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da D. X. Xuventude, abre o prazo para solicitar a participación nos campos de voluntariado que se van desenvolver en Andalucía, A Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid e Navarra.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
1ª convocatoria: ata o 29/04/2026 ás 14:00 h.
2ª convocatoria: desde o 20/05/2026 ás 9:00 h.
Duración:
Entre 10 e 15 días nos meses de xullo e agosto de 2026
Prezo:
Campos en Andalucía: 90 €
Campos na Rioxa, Aragón, Cantabria, Castela e León, Ceuta, Estremadura e Euskadi: 110 €
Campos en Castela A Mancha, Cataluña e Navarra: 120 €.
Campos en Madrid: de 18 a 24 anos 110 € / de 25 a 30 anos 121 €.
- Os campos inclúen os seguinte servizos:
Equipo de acollida e dinamización.
Materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.
Programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre.
Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.
Seguro de accidentes e responsabilidade civil.
- Os campos non inclúen: traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade.
Requisitos:
Persoas mozas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos (con excepcións: consultar tramos de idade concretos para cada campo de voluntariado na ficha específica)
Unha persoa non poderá ser adxudicataria de máis dun campo de voluntariado na 1ª convocatoria. Para participar nun segundo campo de voluntariado, haberá que esperar á segunda convocatoria.
Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática: arqueolóxicos, culturais, medioambientais, sociais...
No verán 2026 haberá dúas convocatorias con diferente prazo de solicitude:
2ª CONVOCATORIA OU REPESCA: nova oferta de prazas. Os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos. O prazo comezará o 20 de maio ás 9:00 h. e permanecerá aberto ata esgotar as prazas ou ata 5 días antes do inicio do campo.
As prazas serán adxudicadas por orde de recepción das solicitudes. Logo de adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo-e coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación, para o que terá un prazo de 2 días hábiles desde a recepción do correo-e.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible