O Campus de Verán XuvenCiencia celebra a súa 14ª edición, como sempre, no Campus de Lugo da USC, ofrecendo un total de 95 prazas a alumnado de 3º e 4º curso de ESO, Bacharelato e ciclos medios de FP. O programa incluirá obradoiros, visitas e actividades de lecer xunto coa realización de proxectos cos que achegarse ao día a día da investigación académica que se realiza na USC.
Para público en xeral
Dende o 28/06/2026 ata o 04/07/2026
Dende o 08/05/2026 ata o 17/05/2026
250 €
Inclúe:
XuvenCiencia USC
correo-e: xuvenciencia@usc.es
O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, festas, etc.
Oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición.
A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa de lecer Lumieira Acompaña.
Preinscrición: na web https://xuvenciencia.org/campus
A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito.
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
17/06/2026
Ata o 05/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible