Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Carreira da muller

Xa están abertas as inscricións para a XIV Carreira da Muller da Coruña “Central Lechera Asturiana”. Será a sexta proba do XXII Circuíto Carreira da Muller “Central Lechera Asturiana”. Estará organizado pola área de EVENTOS DEPORTES do grupo Sport Life Ibérica, S.A., coa colaboración do Concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/09/2026

Inscricións:

Ata o 25/09/2026

ás 11:59 h.

Horario:

A partir das 10:00h. O tempo máximo para completar o percorrido será de 1 hora e 30 minutos. 

Prezo:

O prezo da inscrición é de 13,95 € (inclúe IVE e gastos de xestión de Deporticket) e 14,95 € na última semana.

Tamén se porán á venda dorsais solidarios a 20,95 € cada un (doazón íntegra) a beneficio de ACADAR.

Requisitos:

  • Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas mulleres maiores de 8 anos que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como en forma.
  • È necesario formalizar a inscrición. Se sodes un grupo de 20 ou máis mulleres, escribe un mail a carreradelamujer@slib.es e facilitarásevos un método de inscrición por grupo.
  • Non se admiten inscricións o día da proba.

Remuneración / Dotación:

Establécense trofeos para as tres primeiras de cada categoría. 

Páxina web:

https://www.carreradelamujer.com/gl/muj-a-coruna

Contacto:

Carrera de la Mujer

Tel: 91 347 00 93

Mail: carreradelamujer@mpib.esinscripciones@deporticket.com (soporte de incripciones)

A entrega da camiseta, dorsal-chip e bolsa da corredora será en Palexco, Peirao de Trasatlánticos, s/n. Venres 25 de setembro de 16 a 20h e sábado 26 de setembro de 10 a 14h e de 16 a 19h.

Categorias:

Categorías individuais (Anos cumpridos o día da proba)

- Absoluta

- 8 a 11 anos

- 12 a 15 anos

- 16 a 19 anos

- Sénior: 20 a 34 anos

- Veteranas A (de 35 a 44 anos)

- Veteranas B (de 45 a 54 anos)

- Veteranas C (de 55 a 64 anos)

- Veteranas D (de 65 a 74 anos)

- Veteranas E (de 75 anos en diante)

- Nais

- Avoas

- Bisavoas

- Discapacitadas

Categorías por equipos:

- 3 irmás

- 2 irmás

- 2 Cuñadas

- Nai e filla

- Nai e 2 fillas

- Tía e sobriña

- Parellas de Feito / Matrimonios

- Avoa, nai e neta

- Sogra e nora

- 2 amigas

- 3 amigas

- Ximnasios e Clubs de Atletismo (equipos de 3 mulleres)

- Empresas (equipos de 3 mulleres)

- Centros Escolares (Mínimo 6 corredoras)

- Asociacións de mulleres (Trofeo á Asociación con máis chegadas a meta e aos equipos máis rápidos de 3 compoñentes)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión