Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Ciclo de conferencias "Redefinir a educación ou revolución educativa"
A Fundación Paideia organiza este ciclo de conferencias para reflexionar sobre a educación nun mundo en constante cambio. Ao longo de catro conferencias, unha cada mes, especialistas de referencia analizarán e convidarán a pensar novas formas de aprender, ensinar e convivir, capaces de responder os desafíos sociais, tecnolóxicos e humanos do presente e do futuro.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Dende o 12/02/2026 ata o 28/05/2026
Horario:
de 18:30 a 20:30 h.
Prezo:
gratis
Requisitos:
inscrición previa en www.paideia.es/ciclo-redefinir-a-educacion.
12 de febreiro: "O valor social da educación", con Mariña-Subirats-Martori, catedrática emérita de Sociología da Universidade Autónoma de Barcelona, especializada en sociología da educación e do xénero.
12 de marzo: "Entre ideoloxías e aprendizaxes: ¿quen decide que se ensina?", con Ramón Espello Romeu, catedrático de Literatura Norteamericana na Universidade de Sevilla
30 de abril: "Saúde emocional na escola: ¿acompañar ou diagnosticar?", con Ricardo Fandiño Pascual, psicólogo clínico e coordinador xeral de ASEIA
28 de maio: "¿A extinción dos mestres? Retos da profesión docente", con Ainara Zubillaga do Río, directora de Educación e Formación da Fundación Cotec para a Innovación e doutora en Pedagoxía pola Universidade Complutense de Madrid
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible