A Agrupación Cultural Alexande Bóveda coa colaboración da área de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, conmemoran o Día da Galiza Mártir diante do monumento a Alexandre Bóveda en Catro Camiños, nunha xornada que neste ano coincide co 50 aniversario da asociación.
Para público en xeral
17/08/2026
Ás 19:00h.
De balde.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Rúa Santo André, 36, 1º (Edificio do Circo de Artesáns). 15003 A Coruña
Tel.: 981 200 869
O Día dos Mártires Galegos, celebrado o 17 de agosto, foi instituído no exilio en 1940 pola Irmandade Galega da Arxentina, presidida por Castelao, coincidindo co aniversario do fusilamento de Alexandre Bóveda. A data honra a memoria de Bóveda e de todas as persoas represaliadas polo franquismo, reivindicando os valores do galeguismo, a democracia e a xustiza social.
O acto institucional deste ano contará coa intervención de Sol Agra, deputada de Igualdade e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, e incluirá a actuación musical de Sés, unha das artistas máis destacadas da música galega actual, recoñecida pola súa fusión de tradición e música de autor e polo seu compromiso social.
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Dende o 04/08/2026 ata o 31/08/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible