Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

ESFUERZA Inverno 2026-2027

ESFUERZA é un programa de Actividade Física Saudable que leva a cabo a Fundación María José Jove. Diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. As actividades para o curso 2026-27 son: Vela Inclusiva, Piragüismo Inclusivo, Pesca Viva, Fitness e Piscina.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 24/08/2026 ata o 04/09/2026

Excepto para "Bautismo de Esfuerza Vela " que estará aberta durante todo o período de Esfuerza Inverno 26-27 por quendas trimestrais.

Prezo:

  • 20€ (gratuidade por renda e por desemprego).
  • Bautismo de Esforza: Vela gratis.

Requisitos:

Acondicionamento Físico (Piscina e Fitness):

  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
  • Persoas pacientes ou sobreviventes de cancro de mama, que estean a participar na actividade de Ioga "para pacientes de cancro de mama" da Fundación María José Jove.

Actividade Vela Inclusiva:

  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
  • Persoas que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

Actividade Piragüismo inclusivo:

  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
  • Persoas que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 12 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.

Actividade Pesca Viva:

  • Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 12 anos cando se inicie o programa.

Bautismos de Esforza Vela :

  • Entidades (agrupacións, asociacións, fundacións, clubs, colexios, institutos, universidades ,..)
  • Persoas da entidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa.
  • Persoas da entidade que non teñen discapacidade, que sexan maiores de 8 anos cando se inicie o programa e que saiban nadar.
  • Grupos reducidos acompañados por persoal da entidade.

As solicitudes de inscrición realizaranse exclusivamente de forma en liña, a través do "Portal de Inscricións" da páxina web da Fundación María José Jove.

Páxina web:

https://fundacionmariajosejove.org

Contacto:

Fundación María José Jove

Rúa Galileo Galilei 6. Edificio Work Center. Agrela. 15008 A Coruña

Tel.: 981 160 265

info@fundacionmariajosejove.org

Documentos:

Díptico Esforza (pdf) (619 KB)

bases.pdf (343 KB)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión