Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Evento Anual de Voluntariado do CES 2026

Un ano máis, a Axencia Nacional Española convoca a aquelas persoas novas que desenvolveron un proxecto de voluntariado no seo do Corpo Europeo de Solidariedade, a participar no Evento Anual de Voluntariado do CES 2026 que terá lugar en Palma, Illas Baleares.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 13/11/2026 ata o 15/11/2026

Inscricións:

Ata o 23/09/2026

ata as 14.00 h.

Número de prazas:

75

Requisitos:

  • Persoas residentes no Estado español que realizasen o seu actividade de voluntariado entre outubro de 2025 e outubro de 2026.
  • Cumprimentar debidamente o formulario electrónico de inscrición.

Páxina web:

programaseuropeos.injuve.es

Contacto:

INJUVE

tel: 601 460 382

e-correo: eventoanualces2026@gmail.com | responsable en Galicia pilar.tameron.montesinos@xunta.gal

Documentos:

Convocatoria (pdf) (429 KB)

OBXECTIVOS:

  • • Avaliar e valorar a experiencia dos participantes en actividades de solidariedade e voluntariado.
  • • Fomentar o intercambio e a creación de redes.
  • • Facilitar e compartir información e recursos sobre opcións de futuro, para aumentar a empregabilidade e promover o emprendemento.
  • • Realizar accións de visibilidade e difusión do Corpo Europeo de Solidariedade (CES).

LUGAR: Palama, Illes Balears

ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN:

A organización do evento cubrirá estes gastos durante o transcurso da actividade.

XESTIÓN DO DESPRAZAMENTO: Os custos dos desprazamentos serán cubertos pola organización. Coa confirmación da participación no evento anual de voluntariado do Corpo Europeo de Solidariedade (CES) enviaranse instrucións detalladas para a xestión de viaxes. Non serán reembolsables os gastos de viaxe adquiridos por un procedemento diferente ao comunicado, salvo autorización expresa da ANE. Só se cubriran os desprazamentos dentro do territorio nacional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión