Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Explora Europa con DiscoverEU

DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que che ofrece, a través dun bono de viaxe, a posibilidade de explorar a diversidade de Europa, aprender sobre o seu rico patrimonio cultural e a súa historia, percorrer as súas vibrantes cidades, descubrir a súa maxestosa natureza e conectar con persoas de todo o continente.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/10/2026 ata o 15/10/2026

ás 12.00 horas

Duración:

A viaxe terá unha duración máxima dun mes.

Requisitos:

  • Ter 18 anos cumpridos ou celebrar o 18 aniversario entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2026 (é dicir, nacer entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2008, ambos incluídos).
  • Ser cidadán ou residente nun dos 27 estados membros da Unión Europea, incluídos os países e territorios de ultramar, ou dun dos terceiros países asociados ao programa Erasmus+.
  • Encher o formulario de candidatura a través do Portal Europeo da Xuventude, cun número de documento de identidade, de pasaporte, ou de tarxeta de residencia legal válido.
  • Responder a un cuestionario (excepto candidaturas como membro dun grupo, xa que só debe facelo o xefe ou a xefa do grupo).

Remuneración / Custo:

As persoas candidatas seleccionadas recibirán bonos de viaxe para exploraren Europa entre o 1 de marzo de 2027 e o 31 de maio de 2028. Nestes meses, os/as participantes poderán utilizar o seu bono de viaxe para viaxaren en tren durante 7 días, dentro do período máximo de 30 días que elixan.

Ademais, as persoas seleccionadas recibirán unha tarxeta de descontos de DiscoverEU coa que obteren descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.

Páxina web:

https://youth.europa.eu/discovereu_é

Contacto:

Agencia Nacional Española para la Juventud (INJUVE)

Calle José Ortega y Gasset 71, 28006 Madrid

Tel.: 91 782 78 23

Correo electrónico: erasmusplus@injuve.es

Formulario de contacto Eurodesk

No outono de 2026, a Comisión Europea e a Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA) teñen previsto concederlles a uns 40.000 mozos e mozas bonos de viaxe e tarxetas de descontos para explorar Europa.

DiscoverEU ofrécelle á xente nova de dezaoito anos a posibilidade de vivir unha experiencia única e explorar Europa, principalmente en tren, á vez que promove o seu sentido de pertenza á Unión Europea.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión