A biblioteca e centro de documentación ambiental do CEIDA acolle nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora a exposición "Paseos pola natureza", da artista Lola Zumel. A mostra poderá visitarse na planta baixa da biblioteca.
Para público en xeral
Dende o 08/06/2026 ata o 31/08/2026
Centro de Documentación Ambiental - CEIDA
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P.
15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
Tel.: 981 630 618
Correo-e: ceida@ceida.org
A mostra reúne un total de 20 obras realizadas en diferentes técnicas -acrílico, acuarela, ceras, pigmentos e verniz- nas que a natureza é o fío condutor da ollada artística. Cada peza nace da observación pausada e da experiencia dos paseos realizados por distintos lugares, transformando paisaxes, formas, luces e pequenas escenas cotiás en fontes de inspiración e creatividade.
Lola Zumel (Madrid, 1956) é restauradora de obras de arte e artista plástica. Actualmente reside en Oleiros e conta cunha traxectoria profesional vinculada tanto á conservación do patrimonio histórico como á creación artística contemporánea.
Ata o 31/10/2026
Xullo e agosto de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible