Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Festival Mar de Mares 2026

O Festival Mar de Mares volve un ano máis á Coruña para sensibilizar sobre o coidado do mar e a costa desde unha perspectiva educativa, lúdica e social. Con máis de 20 actividades programadas, a cidadanía poderá gozar gratuitamente de exposicións, proxeccións, encontros, etc., sen esquecer a xornada de limpeza de fondos mariños e o famoso Mercado Mar de Mares. O lema da décimo terceira edición baixo o lema "Cultura que nace do océano".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/06/2026 ata o 14/06/2026

Prezo:

de balde.

Páxina web:

festivalmardemares.org

Contacto:

Festival Mar de Mares

e-correo: info@festivalmardemares.org

Documentos:

Programación (pdf) (8 MB)

PROGRAMA:

  • Exposicións e proxeccións
  • Encontros inspiradores, con Arturo Lezcano, Nerea Pallares, Cynthia Menéndez. 
  • Mercado Mar de Mares o 6 e 7 de xuño na Explanada do Parrote. 
  • Activismo: limpeza de praia e taller de reciclaxe; VII Gran Limpeza de Fondos mariños.
  • Turismo Azul: visitas e paseos pola cidade, observación de aves , ioga e mares.
  • IV Foro Azul A Coruña: o epicentro da Economía Azul. IA, enerxías mariñas, gastronomía sostible e emprego. Un encontro crave con líderes do sector para deseñar o futuro tecnolóxico e sostible do noso océano. Únete ao cambio!

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión