Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Asociación Veciñal Agra organiza unha nova edición de Foliagra, as festas do barrio do Agra do Orzán, co obxetivo de promover a música e o baile galego a través de concertos, ruadas, cantos de taberna e actividades para os máis pequenos e pequenas.
RUADAS: todos os sábados e domingos do 6 ao 27 de xuño das 11:30h ás 14.00h. con saída da Praza das Cunchiñas e a participación das agrupacións Herba Grileira, Folliñas de Oleiros, Orballo, Ancoradoira, Santaia, Cántigas da Terra e Tradivivas Agra.
CANTOS DE TABERNA: os sábados 6 e 20 de xuño das 19.30h ás 22:30h. cos grupos Cantareiros do Naval, Parabéns, Tradivivas Agra, Vento Mareiro, Dorneda Tabernas, Os Pantoxos, Reviravolta e Tombalobos.
FOLIAGRA das CRIANZAS: Sesións matinais de xogos tradicionais e concerto para o alumnado dos CEIPRaquel Camacho e CEIPMaría Barbeito e Cerviño.
CONCERTOS: no auditorio do Centro Ágora (entrada libre e de balde).
Sábado 6 de xuño ás 18:00h. Orquestra Infantil da Sinfónica de Galicia.
Domingo 28 de xuño
ás 12:00h. Banda Municipal da Coruña
ás 19:30h. Cristina Branco e Grupo
MICROCONCERTOS da Escola Municipal de Música: na rúa barcelona e praza das Cunchiñas o sábado 13 de xuño.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible