Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

ForuMáxico 2026

O Fórum Metropolitano acolle unha nova edición do ciclo de maxia "ForuMáxico", para público familiar.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 12/09/2026 ata o 26/09/2026

Prezo:

Entrada xeral: 6,00 €

Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Persoas con certificado de discapacidade e 1 acompañante: 2,00 €

* A aplicación de descontos debe ser acreditada no momento de mercar a entrada e no momento de acceder ao auditorio no que terá lugar o espectáculo.

Requisitos:

  • Puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
  • Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada. Non se admiten cambios nin devolucións excepto en caso de suspensión.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/cultura/

Contacto:

Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, núm. 1, 15006 A Coruña

Tel.: 981 184 293

forummetropolitano@coruna.gal

GALEROCK & MAGIC - Mago Teto

  • Data e horario: sábado 12 de setembro 2026, ás 19.00 h
  • Duración: 70 min
  • +6 anos

GaleRock'N'Magic é un espectáculo que percorre a historia do rock e da música galega, dende o Xabarín Club e o rock dos anos 80 e 90 ata os grupos actuais, pasando polo bravú. Combina música en directo, humor e maxia para poñer en valor a nosa historia musical desde a nostalxia, a divulgación e a ilusión.

SINGULARIA - Magia en la Manga

  • Data e horario: sábado 19 de setembro 2026, ás 19.00 h
  • Duración: 70 minutos
  • +6 anos

Singularia é unha viaxe onírica a un espazo único e irrepetible, onde a maxia desafía as leis do tempo, do espazo e da realidade. Unha experiencia sensorial e emocional que combina misterio e imposibles para despertar a imaxinación, o asombro e a capacidade de redescubrirmos quen somos.

2 ILUSIONISTAS IMPARES - Maga Fani e Martín Camiña

  • Data e horario: sábado 26 de setembro 2026, ás 19.00 h
  • Duración: 65 minutos
  • +6 anos

Maxias esperpénticas, risas, diversión... e moito máis

VENDA DE ENTRADAS:

- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h

- Despacho de billetes do Fórum Metropolitano: día de función dende 1 hora antes, coa condición de que queden entradas dispoñibles.

- Venda en liña: www.ataquilla.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión