Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

III Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea en Galicia

Nesta edición do Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea en Galicia preséntanse os proxectos desenvolvidos no Programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ / NORMAL xunto cos procesos en curso das persoas residentes actuais. Alén das presentacións individuais, o programa propón un marco para dialogar sobre territorios, ruralidades, memoria, arquivo, creación colectiva, afectos e transformación social.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

18/12/2025

Prezo:

de balde

Páxina web:

https://normal.udc.es

Contacto:

NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC

Paseo de Ronda, 47 (15011 - A Coruña)

tel.: 881 014 502

correo-e: normal@udc.gal

O programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ encolaboración co Espazo de Intervención Cultural da UDC NORMAL concíbese como un espazo de encontro para artistas, institucións e comunidades e tamén unha plataforma para presentar as intervencións desenvolvidas, co fin de promover a reflexión crítica sobre a creación artística contemporánea.

Esta III Edición do Encontro Dentro-Fóra terá lugar na sede de NORMAL e no Conservatorio Superior de Música da Coruña: 

  • 11:00 h. en NORMAL: presentación III Encontro Dentro-Fóra. Arte Contemporánea en Galicia.
  • 11:15 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "O coro de sons" con Raphael Escobar
  • 12:30 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "A trama rururbana" con Ibon Aranberri
  • 13:15 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "Arder a auga" con Fermín Jiménez Landa
  • 16:00 h. en NORMAL: conversa/debate coa participación de Ángel Calvo Ulloa, Marta Mestre e Susana González.
  • 17:00 h. en NORMAL: Blanca Gracia [CON Faia Díaz] presentan "Egua nocturna"
  • 18:30 h. no Conservatorio Superior de Música: performance colectiva "O coro de sons" con Raphael Escobar

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión