Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
III Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea en Galicia
Nesta edición do Encontro Dentro–Fóra. Arte Contemporánea
en Galicia preséntanse os proxectos desenvolvidos no Programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ / NORMAL xunto cos procesos en curso das persoas residentes actuais. Alén das presentacións individuais, o programa propón un marco para dialogar sobre territorios, ruralidades, memoria, arquivo, creación colectiva, afectos e transformación social.
O programa de residencias artísticas do Centro de Arte FMJJ encolaboración co Espazo de Intervención Cultural da UDC NORMAL concíbese como un espazo de encontro para artistas, institucións e comunidades e tamén unha plataforma para presentar as intervencións desenvolvidas, co fin de promover a reflexión crítica sobre a creación artística contemporánea.
Esta III Edición do Encontro Dentro-Fóra terá lugar na sede de NORMAL e no Conservatorio Superior de Música da Coruña:
11:00 h. en NORMAL: presentación III Encontro Dentro-Fóra. Arte Contemporánea en Galicia.
11:15 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "O coro de sons" con Raphael Escobar
12:30 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "A trama rururbana" con Ibon Aranberri
13:15 h. en NORMAL: visita ao obradoiro "Arder a auga" con Fermín Jiménez Landa
16:00 h. en NORMAL: conversa/debate coa participación de Ángel Calvo Ulloa, Marta Mestre e Susana González.
17:00 h. en NORMAL: Blanca Gracia [CON Faia Díaz] presentan "Egua nocturna"
18:30 h. no Conservatorio Superior de Música: performance colectiva "O coro de sons" con Raphael Escobar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible