Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Lectura Pública da obra de Rosalía

A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda convidan a todas as persoas que queiran celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, no acto que se celebrará diante do Teatro Rosalía de Castro cunha lectura pública da súa obra.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/02/2026

Horario:

ás 17.00 h

Prezo:

de balde

Requisitos:

  • A asistencia é libre: non é precisa inscrición.
  • Para a participación na lectura, as persoas que queiran recitar poemas ou ler algún texto terán que inscribirse no formulario web dispoñible en https://acalexandreboveda.gal indicando que texto escollen.

Páxina web:

https://acalexandreboveda.gal

Contacto:

- Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

https://acalexandreboveda.gal/contacto

- Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) 

https://www.aelg.gal/contacto

O acto comprenderá a lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro, por parte da escritora Eva Veiga, unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro, a actuación musical do grupo de Cantos na Taberna e do grupo de teatro Noite Bohemia.

LUGAR: diante do Teatro Rosalía de Castro

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión