SOS Racismo Galicia pon en marcha "Lugar Propio", un espazo para persoas migrantes, racializadas e/ou fillas de migrantes de 18 a 35 anos que queiran compartir o que están creando, coñecer outros proxectos, intercambiar coñecementos e recursos e atopar posibles colaboracións. O primeiro encontro será online.
Para público en xeral
10/09/2026
18:00-19:30h.
de balde.
SOS Racismo Galicia
R/ Alcalde Lens, 34, 1ºC. 15010 - A Coruña
tel: 881 963 797 / 698 163 742
e-correo: oidsosracismogalicia@gmail.com
Lugar Propio é un espazo dirixido a persoas migrantes e/ou racializadas de entre 18 e 35 anos que estean creando algo ou teñan unha idea que lles gustaría impulsar.
A proposta busca crear un espazo onde poidan coñecerse entre iguais, compartir os seus proxectos e ideas, intercambiar coñecementos e recursos, crear redes e atopar posibles colaboracións.
Buscan perfís moi diversos: persoas cun emprendemento, unha tenda ou pequena marca, un proxecto artístico ou creativo, unha iniciativa cultural, social ou comunitaria... pero tamén persoas que aínda estean dando forma a unha idea e queiran comezar a desenvolvela.
Lugar Propio é unha nova actividade dentro do programa Somos Aquí no Concello da Coruña.
Primer encontro: modalidade online.
Dende o 19/09/2026 ata o 26/09/2026
08/09/2026
Dende o 01/09/2026 ata o 03/09/2026
na EASD Pablo Picasso.
07/09/2026
os días 28, 29, 30 e 31 de xullo, así como o día 1 de setembro de 2026.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible