Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

#LunsDeEncontros: Presentación do libro “Mírame cuando me mientas” de Lydia Parga

#LunsDeEncontros ofrece na biblioteca Municipal Fórum Metropolitano, a presentación do libro "Mírame cuando me mientas", de Lydia Parga.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 25/09/2026

Acceso libre ata completar capacidade

Horario:

De 19:00. a 20:00 h.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/bibliotecas

Contacto:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

C/  Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña

Tel: 981 184 298

e-correo: bforum@coruna.gal

SINOPSE:

Mírame cuando me mientas é unha novela psicolóxica ambientada na Coruña que segue a Mauro e Cecilia, dous personaxes unidos por unha relación na que a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras van deformando pouco a pouco a realidade. A historia explora todo aquilo que intentamos ocultar, incluso de nós mesmos, e a fraxilidade das relacións cando xa non sabemos distinguir o que está pasando do que necesitamos crer. Porque podemos mentir coas palabras, pero hai cousas que os ollos sempre acaban contando.

Lydia Parga é autora independente da Coruña. En maio de 2026 presentou no Fórum Metropolitano Caer para ser, a súa primeira obra. Agora regresa con Mírame cuando me mientas, a súa segunda publicación e unha novela psicolóxica ambientada na cidade, centrada nas relacións, a obsesión, a dependencia emocional e as mentiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión