Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Nocturnia | edición abril-agosto 2025

Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

Dende o 04/04/2025 ata o 02/08/2025

con diferentes prazos de inscrición para cada actividade

Contacto:

Documentos:

Programa completo Nocturnia edición abril-agosto 2025 (1 MB)

PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...

1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF adxunto coa programación completa).

Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.

2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.

3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante. 

4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.

Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.

Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.

5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com

Inscrición nas actividades dende o 19/05/2025 ás 16.00 h ata o 22/05/2025 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas.

VENRES 23 DE MAIO 2025

Taller de canto: tipos de voces segundo a técnica VDT

  • Das 21.15 ás 23.15 h
  • Centro Ágora

Obradoiro de encadernación de caderno xaponés: cosendo estrelas en papel

  • Das 21.15 ás 23.15 h
  • Centro Ágora

Introdución á meditación tibetana: viaxe ao noso interior

  • Das 21.15 ás 23.15 h
  • Centro Ágora

Taller de lightpainting

  • Das 21.15 ás 23.15 h
  • Centro Ágora
  • AVISO: "actividade cancelada por motivos alleos á organización"

Taller de exploración creativa con acuarela e bordado

  • Das 21.15 ás 23.15 h
  • Centro Ágora

SÁBADO 24 DE MAIO 2025

Surf iniciación

  • Das 10.00 ás 12.00 h
  • Praia de Bastiagueiro

Xogo de rol: lobisomes e meigas

  • Das 20.00 ás 22.00 h
  • Naves do Metrosidero

Taller de macramé

  • Das 19.00 ás 21.00 h
  • Naves do Metrosidero

E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión