Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Arrinca a programación do terceiro e último trimestre do ciclo Poetas Di(n)versos, que celebra a súa edición número 17. Estes recitais poéticos dirixidos pola Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño forman parte da programación cultural impulsada polo Concello nos diferentes espazos municipais da cidade.
Gabriel Chávez Casazola, poeta, ensaísta, xestor cultural e xornalista bolivian. Os seus libros están traducidos a idiomas como o inglés, francés, portugués, italiano, romanés, catalán, grego, árabe, ruso e chinés, así como ao código braille.
Miguel Sande, poeta, narrador, dramaturgo e xornalista. Licenciado en Ciencias da Información, a súa traxectoria profesional está ligada tanto á literatura como ao xornalismo, disciplina esta última na que acadou varios premios.
25 de maio: participarán
Simon Armitage, un dos poetas contemporáneos máis destacados do Reino Unido, nado en 1963 en West Yorkshire.
Samuel Merino, un poeta emerxente da escena galega contemporánea, coñecido pola súa escrita directa e emocional.
8 de xuño: participarán
Luis Chaves, un dos autores máis relevantes da poesía centroamericana actual.
Mónica Caldeiro, unha autora galega que combina a poesía cunha forte sensibilidade artística e escénica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible