Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dispón de residencias xuvenís que, ademais de aloxamento e mantenza, ofrecen unha serie de servizos e actividades complementarias. As ditas instalacións póñense á disposición das persoas mozas estudantes, coa reserva dun número de prazas para as persoas mozas traballadoras.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 22/06/2026
Duración:
O período máximo de estadía será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico.
Prezo:
Persoas estudantes e persoas traballadoras:
Cuarto dobre: 324 € por persoa residente e mes.
Cuarto cuádruplo: 250 € por persoa residente e mes.
Persoas estudantes colaboradoras bolseiras: ademais dos servizos xerais, gozarán do aloxamento e mantenza gratuítos.
Requisitos:
Nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España.
Persoas estudantes non bolseiras:
Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2026.
Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutoramentos ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante. Aquelas persoas que conten con oferta de centros públicos no seu lugar de residencia, pero non alcancen a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso, poderán optar ás prazas ofertadas.
Persoas estudantes colaboradoras bolseiras:
Ter os 18 anos feitos e non superar os 30 anos a 31 de decembro de 2026.
Non ter perdido a condición de persoa estudante colaboradora bolseira da cal foi beneficiaria en convocatorias anteriores, por causa imputable á dita persoa solicitante e beneficiaria da bolsa.
Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso.
Ser residente nalgún dos dous últimos anos nalgunha das residencias xuvenís.
Persoas traballadoras:
Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2026.
Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual.
Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses.
Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.
Prazas para persoas colaboradoras bolseiras procedemento BS303C
Prazas para persoas traballadoras procedemento BS303D
Modalidades de adxudicación de prazas:
Prazas en residencias xuvenís para estudantes.
Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.
Número de prazas e distribución:
Concello
Residencia
Prazas estudantes
Colaboradores bolseiros
Persoas traballadoras
Total
Lugo
CR Xuvenil LUG
71
4
6
81
Ourense
Florentino López Cuevillas
50
5
5
60
Vigo
Altamar
79
6
7
92
Do total de prazas resérvanse 2 prazas en cada residencia para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen e/ou para persoas mozas con expediente de protección aberto. Ademais, na residencia Altamar de Vigo resérvanse 2 prazas para persoas con discapacidade, adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
Servizos ofertados:
Aloxamento e a mantenza
Aula de estudo-biblioteca.
Salas de xogos.
Televisión.
Conexión á internet (wifi).
Lavandaría.
Actividades culturais e deportivas.
Caixa de primeiros auxilios.
Ximnasio.
Información do seguimento da persoa residente cando os pais e/ou as nais ou as persoas que sexan titoras legais o soliciten.
Durante as fins de semana e os días festivos non se prestarán servizos de mantenza. Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa non se ofrecerán os servizos de mantenza nin de aloxamento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible