A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as Probas de acceso aos Ciclos Superiores de Formación Profesional para o ano 2026.
Para público en xeral
29/04/2026
Presentación ás 9.00h.
Dende o 16/03/2026 ata o 26/03/2026
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan cumpridos 19 anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Máis información:
Nos C.I.F.P. e nos I.E.S. onde se imparta FP.
Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.
Publicación: DOG 06/03/2026
ESTRUTURA E ORGANIZACIÓN
Estructúrase en dúas partes: común e específica.
a) Parte COMÚN. Organízase en tres probas:
b) Parte ESPECÍFICA: Organízase en tres opcións, A, B e C en función das familias profesionais. A persoa, no momento de formalizar a solicitude de inscrición na proba, elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias, das tres ofertadas.
| OPCIÓNS | MATERIAS A ELIXIR | FAMILIAS PROFESIONAIS E CICLOS |
| A |
|
|
| B |
|
|
| C |
|
|
LUGARES DE INSCRICIÓN
As solicitudes presentaranse, preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (Cód. Proc. ED312D) dispoñible na aplicación informática "Ciclosprobas" accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2025/26. Deberase cubrir a solicitude a través da aplicación "Ciclosprobas", que xerará un documento en formato .pdf, que se deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
DATAS DE INSCRICIÓN: do 16 ao 26 de marzo de 2026, ambos os dous incluídos
PUBLICACIÓN DOS CENTROS ONDE SE REALIZARÁN AS PROBAS: 22 de abril.
DATA DE CELEBRACIÓN DA PROBA: 29 de abril de 2026
* Presentación ás 9.00 h. ► Levar documento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.
CERTIFICACIÓN DE SUPERACIÓN DA PROBA POR RESOLUCIÓN ADMINISTRATIVA: do 8 de xuño ao 30 de setembro de 2026.
Fins de semana desde o 13 de marzo ata o 13 de setembro.
Dende o 05/03/2026
ata completar as prazas.
21/05/2026
ás 9.00h. presentación.
Dende o 16/03/2026 ata o 26/03/2026
29/04/2026
Presentación ás 9.00h.
Dende o 16/03/2026 ata o 26/03/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible