Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026-2027

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2026/2027.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

  • Até o 15 de maio: para a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior.
  • Até o 25 de xuño: para a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou na proba específica de grao medio.

Requisitos:

Poderá acceder aos ciclos de grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos

  • Para acceder ás ensinanzas do ciclo inicial de grao medio, será necesario estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para efectos académicos, así como calquera das seguintes titulacións: título de bacharel, título de técnico superior ou título universitario.
  • Para acceder ás ensinanzas do ciclo final ou segundo nivel de grao medio, será necesario ter superado os estudos do ciclo inicial ou primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
  • O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación, ademais de cumprir os outros requisitos de carácter xeral e específicos. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización das probas.
  • Ademais dos requisitos de acceso de carácter xeral, para o acceso ás modalidades ou especialidades deportivas de Fútbol, Fútbol sala, Baloncesto, Balonmán, Atletismo e Vela requirirase a superación da proba de carácter específico, ou acreditar méritos deportivos no caso de Baloncesto e Balonmán.

Poderá acceder aos ciclos de grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos

  • Estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, ademais de, cando menos, un dos seguintes títulos: título de bacharel, título de técnico superior ou título universitario.
  • O alumnado que non posúa o título de bacharelato, ou outro declarado equivalente para os efectos académicos, ou algún dos títulos establecidos no parágrafo anterior, deberá ter 19 anos, estar en posesión do título de técnico deportivo na correspondente modalidade ou especialidade deportiva, e superar unha proba de acceso substitutiva do requisito de titulación. A idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural da realización da proba.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Coruña: Edif. Adm. Monelos, 9º andar. R/Vicente Ferrer, 3. 15008- A Coruña

Tel.: 981 184 701

Publicación: DOG 30/04/2026

Inscrición nas probas

DATAS DE INSCRICIÓN PARA AS PROBAS:

  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e/ou Proba específica de grao medio: até o 25 de xuño de 2026.
  • Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: até o 15 de maio de 2026.

LUGAR DE INSCRICIÓN: na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade. As persoas aspirantes só poderán realizar a proba no centro en que formalicen a inscrición. Excepcionalmente, na modalidade de Fútbol a solicitude poderá presentarse no IES Río Cabe (Monforte de Lemos), indicando en cal dos dous centros asignados solicita realizar a proba. Así mesmo, na modalidade de Atletismo a solicitude poderá presentarse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo).

Modalidade Centros
Fútbol
  • CIFP Universidade Laboral (Culleredo)
  • IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
  • IES Río Cabe (Monforte de Lemos)
Fútbol sala
  • CIFP A Farixa (Ourense)
Baloncesto
  • CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)
Balonmán
  • IES Sánchez Cantón (Pontevedra)
Atletismo
  • IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)
  • IES As Barxas (Moaña)
Vela
  • CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa)

RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS INSCRITAS nos taboleiros dos centros e www.edu.xunta.gal

  • proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso a grao superior: 18 de maio
  • proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e probas específicas: 26 de xuño.

RECLAMACIÓNS a través das secretarías dos centros nos cales se presentou a solicitude:

  • días 19 e 20 de maio para as aspirantes ás que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior
  • días 29 e 30 de xuño para o resto de aspirantes.

RELACIÓN DEFINITIVA DE PERSOAS INSCRITAS nos taboleiros dos centros e www.edu.xunta.gal:

  • proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior: 25 de maio
  • proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao medio e nas probas específica: 1 de xullo.

Probas, datas e lugares

- Probas substitutivas de titulación: realizaranse no IES San Clemente de Santiago de Compostela nas seguintes datas:

  • GRAO MEDIO: 3 de xullo de 2026. Presentación: 9:15h.  

Constará dos seguintes exames (tomaranse como referencia os currículos oficiais da ESO na Galicia):

  1. Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos socioculturais (Xeografía e Historia).
  2. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo 1 hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Galega. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  3. Cuestións tipo test que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos (Matemáticas, Ciencias da Natureza e Tecnoloxía).
  4. Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo 1 hora, das cuestións que se formulen sobre Lingua Castelá. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.

A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos de grao medio poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes proba:

  1. Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
  2. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  3. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño.
  4. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
  5. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • GRAO SUPERIOR: 26 de maio de 2026. Presentación 9:30h.

Constará dos seguintes exames (tomaranse como referencia os currículos oficiais do bacharelato na Galicia):

  1. Filosofía. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto proposto.
  2. Historia de España. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na elaboración dunha redacción a partir dun texto proposto.
  3. Lingua Galega e Literatura. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  4. Lingua Estranxeira (inglés ou francés). O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.
  5. Lingua Castelá e Literatura. O primeiro exercicio será tipo test e o segundo consistirá na produción dun texto escrito.

A proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ao grao superior poderase substituír pola superación dalgunha das seguintes probas:

  1. Parte común da proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior de formación profesional.
  2. Proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de artes plásticas e deseño.
  3. Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

- Probas específicas de acceso de grao medio:

Modalidade Data Lugar
Fútbol sala 16 de xullo
  • CIFP A Farixa. IES As Lagoas, rúa Blanco Amor, nº 2, Ourense
Fútbol 15 de xullo
  • CIFP Universidade Laboral, rúa Salvador Allende, s/n, Culleredo
  • IES Sánchez Cantón. Campo de fútbol Manolo Barreiro, 1, rúa Celso Emilio Ferreiro, 888, Pontevedra
Baloncesto 16 de xullo
  • CIFP Fontecarmoa, rúa Fontecarmoa, 92, Vilagarcía de Arousa
Balonmán 15 de xullo
  • IES Sánchez Cantón. Pavillón multiúsos da Xunqueira, rúa Celso Emilio Ferreiro, 1ª travesía, Pontevedra
Vela* 16 de xullo
  • CIFP Fontecarmoa. Centro Galego de Vela, Rampla Cavadelo, s/n, Vilagarcía de Arousa
Atletismo 17 de xullo
  • IES As Barxas. Pistas de atletismo da Xunqueira, avenida Porta do Sol, s/n, Moaña

* a data do exame poderá variar no caso de non darse as condicións meteorolóxicas necesarias.

Consultar modelos das probas en www.edu.xunta.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión