Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa Conecta con Galicia no Camiño

A Secretaría Xeral da Emigración convoca o programa Conecta con Galicia no Camiño, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 20/07/2026 ata o 31/07/2026

Inscricións:

Ata o 30/04/2026

Prezo:

Prazas ofertadas na modalidade de copagamento: cantidade de 800 € se residen en América, ou de 250 € se residen en Europa, en concepto de custo da viaxe. 

Requisitos:

  • Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 21 anos o día 20 de xullo de 2026.
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Encontrarse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de tres meses.
  • Carecer de discapacidades e outros impedimentos que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
  • No caso de optaren ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar do solicitante non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada en 2026 para o país de residencia, ou, no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha.

Remuneración / Custo:

Viaxes, estadía e actividades do programa.

Páxina web:

https://emigracion.xunta.gal

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

Praza de Mazarelos, 15. 15703 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 545 882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Publicación: DOG 31/03/2026

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento PR930D

O contido do programa consistirá na realización dun tramo do Camiño de Santiago e doutras actividades complementarias orientadas a profundar en diferentes aspectos da situación socioeconómica de Galicia, o seu sistema educativo superior e o patrimonio cultural vencellado ao contorno da cidade de aloxamento, Vigo ou Ourense. O percorrido polo Camiño de Santiago (100 km) realizarase a pé e corresponderase cos respectivos tramos galegos do Camiño Portugués ou da Vía da Prata.

Os participantes residirán ben na residencia xuvenil Altamar, en Vigo, ou ben na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas, en Ourense. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión